Boicote Deportivo a Israel

As reiteradas violacións do dereito internacional e o absoluto desprezo que Israel manifesta polas innumerábeis Resolucións das Nacións Unidas que condenan as súas políticas coloniais, discriminatorias e ilegais; o fracaso das iniciativas emprendidas para que estado sionista acate o dereito humanitario e poña fin á ocupación de Palestina e á opresión das súas xentes; o respaldo que a comunidade internacional deu sempre a formas non violentas de combate contra a inxustiza están na base do apelo que lanzaron en 2005 mais de 150 colectivos palestinos en demanda de solidariedade na súa loita por restaurar os agredidos dereitos do seu pobo.

Boicote, desinvestimento e sancións a Israel

As persoas que asinamos este escrito, deportistas galego/as de diferentes modalidades, profesionais e de base, queremos sumar á nosa voz a esta campaña global que nace da iniciativa da sociedade civil en apoio das demandas de xustiza do pobo palestino.

1.- O fin da ocupación e a colonización e o desmantelamento do Muro que divide Palestina, cuxa construción foi declarada ilegal pola ONU en 2004.
2.- O recoñecemento dos dereitos fundamentais dos palestinos e palestinas residentes no estado de Israel até a total igualdade con o resto das persoas que habitan ese espazo político;
3.- O respecto, a protección e a promoción do dereito ao retorno das persoas expulsadas da súa terra en 1948 polo exército regular e os grupos paramilitares sionistas e a devolución das súas propiedades nos termos estipulados pola resolución 194 das Nacións Unidas.

Comprometémonos a non participar en ningún tipo de evento deportivo en Israel mentres persista a ocupación e a colonización dos Territorios palestinos, mentres se negue a igualdade de dereitos ás cidadás e cidadáns palestinos residentes en Israel e o estado sionista non recoñeza o dereito de retorno a todas as persoas que desexen voltar á súa terra.

Unimonos á demanda dos 42 clubes da Faixa de Gaza que no campeonato de juniors de 2011 celebrado en Dinamarca pediron ao presidente da UEFA, Michel Platini, que non recompense a violenta represión o pobo palestino organizando o Campeonato Europeo 2012 de Fútbol SUB 21 en Tel Aviv.

Galiza, abril 2013

  1. Pilar Neira - Adestradora da selección galega de fútbol feminino e presidenta da Asociación de Mulleres Deportista
  2. Adrián Dios - Adestrador de base do ADB Fontiñas
  3. Cristian Puente - Bilhardeiro
  4. Xosé Miguel Pérez Blecua - Da Conferência Sul da LNB
  5. Alexandre Costa - Adestrador do Suévia futebol gaélico
  6. Boris Aparicio Gutiérrez - Xogador de fútbol categoría afeccionado.
  7. Anjo Rua Nova - Triatleta
  8. XAVIER ABOI PÉREZ - ADESTRADOR CLUBE VETERANOS DE SEIXO E DIRECTIVA DO CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE SEIXO.
  9. Rubén Arroxo Fernández - Atleta e adestrador do Atletismo Lucus
  10. Manuel Piornedo dos Santos - senderismo
  11. Antonio carballal gonzalez - atletismo/ciclismo
  12. Antonio carballal gonzalez - atleta do clube deportivo pinarium, marìn.
  13. Jose Ginzo Veiga - Atletismo
  14. CARMEN CHAPELA PASTORIZA - FUTBOL
  15. Davide Rodeiro Pazos - Directivo equipa futebol Estrela Vermella (terceira autonomica, grupo 10)
  16. Estrela Vermella - Futbol (terceira autonomica, grupo 10)
  17. Nicolás Castro Seoane - Loitador
  18. Carlos Blanco Sanjurjo - Culturismo
  19. Marisela González Ataide - Xogadora de baloncesto do C.B. Allariz Sénior Feminino
  20. Alba Cuba Dorado - Adestradora e triatleta
  21. Ana Miranda - Nengún
  22. Odilo González Carnero - Jogador da F.G. Suevia Compostela - Liga Gallaecia (futebol gaélico)
  23. Oscar Carreira Nodar - Jogador da F.G. Suevia Compostela - Liga Gallaecia (futebol gaélico)
  24. Ángela Fraga María - fútbol femenino correcaminos
  25. Estefania Eléxpuru Boullosa - Ex-xogadora de balonmán.
  26. Xurxo Lois Valcárcel Gil - Montañismo
  27. Amantia Coello Rodriguez - Teatro
  28. rafael marcos galera torres - fútbol
  29. CRISTINA PLANIOL - NINGUNO
  30. Andrés del Valle Souto - Fútbol Sala
  31. Laura Prado Fernández - Natación
  32. Manuel Blanco Casais - Ex-balonmanista